Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A axuda concedida pola administración provincial ascende a 12.000 euros

- O obxectivo é adaptar o servizo ás normativas europea, estatal e autonómica

contedores lixo e aceite1

Valga, 21 de maio de 2022.

O Concello de Valga está a elaborar un estudo técnico sobre a xestión e prevención de residuos, co obxectivo de mellorar e aumentar a eficacia do seu tratamento, adaptándoo, ademais, á actual normativa.

Para financiar esta acción, a administración local recibiu unha subvención da Deputación Provincial de Pontevedra, a través do Plan Revitaliza. A contía da axuda ascende a 12.000 euros, uns fondos cos que, por exemplo, se está a realizar un traballo de campo para analizar a situación actual da xestión de residuos no municipio. Estúdanse, entre outros aspectos, as rutas de recollida de residuos ou o emprazamento dos colectores, de cara á valoración e alternativas que permitan mellorar o servizo e facelo máis eficaz, dende o punto de vista ambiental e tamén económico e coa finalidade de cumprir cos obxectivos fixados na normativa europea, estatal e autonómica.

Ademais, estanse a redactar os borradores das futuras ordenanzas de xestión de residuos e fiscal.

LogoDepo revitaliza

Volver