Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Gozarán dunha estancia de quince días na localidade de San Carlos de la Rápita

- O Concello subvenciona a viaxe e faise cargo do desprazamento ao aeroporto

rápita1

Valga, 22 de marzo de 2018.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e unha traballadora do departamento de Servizos Sociais do Concello fixeron entrega esta mañá dos billetes de avión a trece veciños de Valga que viaxan a San Carlos de la Rápita (Tarragona)  co programa de turismo social do Imserso, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Gozarán dunha estancia de quince días (catorce noites) na localidade catalana.

O Concello faise cargo do desprazamento dos viaxeiros ao aeroporto de Vigo, dende onde parten o vindeiro luns, e tamén do regreso dende Peinador a Valga. Ademais do transporte, a administración municipal tamén subvenciona as viaxes a través dun convenio co Ministerio de Servizos Sociais.

O programa de turismo social do Imserso é unha iniciativa de envellecemento activo que ofrece ás persoas maiores estancias en zonas de costa e turismo de interior, contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida e a previr a dependencia. Os servizos que inclúe o programa son aloxamento en réxime de pensión completa, transporte de ida e volta, póliza de seguros colectiva, servizo médico e actividades de animación socio-cultural.

Entre finais de febreiro e mediados de marzo outros dous grupos de valgueses viaxaron a Fuengirola e Mallorca.

rápita2

Volver