Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

25 N Man

- Luns, 21 de novembro:

  •    Charla informativa "Suicidio e xénero", en colaboración coa asociación Andaina Pro Saúde Mental. No Auditorio Municipal a partir das 10:30 horas.

- Xoves, 24 de novembro:

  •    Encontros en Radio Valga. "A violencia de xénero, sinais do maltrato, causas e consecuencias", a cargo de Belén Gavín, psicóloga do Centro de Información á Muller (CIM).
  •    Sesión grupal do programa "Redes en feminino", centrada no tema "O amor no século XXI". Ás 18:00 horas no Auditorio Municipal.

- Venres, 25 de novembro:

  •    Función de teatro "Iriña bailarina", a cargo da compañía Teatro dos Ghazafellos e dirixida a alumnado do CEP Xesús Ferro Couselo e do CEIP Baño-Xanza.
  •     Minuto de silencio en respulsa polos asasinatos de mulleres vítimas da violencia de xénero. Ás 12:00 horas no Concello.
  •    Sesión de contos "Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?". Ás 18:30 horas na sala vermella do Auditorio Municipal.

- Sábado, 26 de novembro:

  •    "Música contra a violencia". Concerto a cargo da Banda de Música Municipal de Valga. Ás 19:30 horas no Auditorio Municipal.

- Xoves, 1 e mércores 7 de decembro:

  •    Curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Ás 16:30 horas no Auditorio Municipal. Inscricións no teléfono 659 063 714 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

- Durante o mes de novembro:

  •    Exposición "Eliminación da violencia contra a muller" no Auditorio Municipal.
  •     "Unha realidade oculta". Mensaxes contra a violencia de xénero da muller con discapacidade, a través das redes sociais de Asdivalu (Asociación de persoas con Discapacidade dos Vales Ulla e Umia).

 25N2022

 

Volver