Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde explicou que “A 30 de xuño as facturas do gasto eléctrico xa superaban nun 25% a cantidade presupostada para todo o ano”

- Na sesión deuse conta á Corporación de varios informes económicos relativos aos dous primeiros trimestres do ano

PlenoOk

Valga, 8 de novembro de 2022.

A Corporación municipal reuniuse onte á noitiña nun Pleno ordinario no que se aprobou un expediente de suplemento de crédito para destinar 129.392’57 euros a financiar o sobrecoste da enerxía eléctrica.

Tendo en conta a situación de enorme inestabilidade nos prezos do mercado eléctrico que se vén producindo dende hai meses, o goberno local optou por esta vía para incrementar partida de gastos correspondente ao subministro enerxético, posto que as cantidades presupostadas no seu día quedaron esgotadas hai tempo debido á alza dos prezos. En concreto, o alcalde, José María Bello Maneiro, explicou no Pleno que “a 30 de xuño as facturas do gasto eléctrico xa superaban nun 25% a cantidade presupostada para todo o ano”.

Este punto saíu adiante cos votos favorables do grupo de goberno e en contra dos concelleiros da oposición, PSOE e Mareas.

A mesma votación se produciu no outro punto que se someteu a votación na sesión plenaria: delegar na Xunta de Goberno Local a autorización da alteración excepcional das porcentaxes de imputación a cada anualidade, para unha xestión máis eficiente das subvencións recibidas doutras administracións que deban xustificarse en varios exercicios.

Por último, no Pleno deuse conta á Corporación dos informes sobre execución trimestral do orzamento, o período medio de pago a provedores, e o cumprimento dos prazos de pagamento correspondentes ao primeiro e segundo trimestres de 2022.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver