Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A charla, que dará comezo ás 16:00 horas, é aberta a todo o público que queira asistir

- Trataranse asuntos coma a xestión da biomasa, medidas de autoprotección e normas de actuación ante os lumes

VistaRectaCampaña

Valga, 7 de novembro de 2022.

O Auditorio Municipal acolle o vindeiro xoves, día 10, unha conferencia organizada polo Distrito Forestal XIX sobre a prevención de incendios forestais nos núcleos rurais. A charla dará comezo ás 16:00 horas e é aberta á asistencia de todo tipo de público, aínda que especialmente dirixida a persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e forestal, especialmente mozos do medio rural.

Dous relatores, Breogán Del Río Barcia e Alfredo Couceiro López, falarán sobre asuntos de grande interese para evitar os incendios en municipios coma Valga, diseminados e con núcleos de poboación próximos a masas forestais.

A conferencia comezará identificando cales son as zonas de alto risco, as épocas de máximo perigo e o índice de risco diario de incendios, parámetros segundo os cales se establecen unha serie de limitacións para a poboación. Tamén se falará sobre as autorizacións de queima, o procedemento para a súa solicitude outras alternativas á utilización do lume para a xestión da biomasa.

A charla continuará cun apartado dedicado á xestión da biomasa no perímetro dos núcleos rurais e as obrigas en función da distancia ás edificacións, así coma á xestión conxunta da propiedade forestal para unha maior valoración do monte a través, por exemplo, de asociacións de propietarios.

A segunda parte do relatorio centrarase en como reaccionar ante un incendio forestal, ofrecendo aos asistentes consellos de autoprotección das edificacións próximas ao monte e explicando as normas de actuación a seguir cando se declara un lume que afecte ao núcleo de poboación ou cando un fogo nos sorprenda no medio natural ou dentro do coche.

CharlaIncendios

Volver