Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas interesadas en participar poden inscribirse no Concello ou no Auditorio Municipal

- A actriz e directora Iria Acevedo será a encargada de impartir as sesións, con tres grupos: infantil, xuvenil e adultos

 

Valga, 4 de novembro de 2022.

A Escola Municipal de Teatro retoma este mes a súa actividade despois de máis de dous anos de parón debido á pandemia da Covid-19. Será o día 15 de novembro cando se retomen as sesións, con tres grupos diferenciados: infantil, xuvenil e de adultos, que se reunirán cada martes no Auditorio para traballar aspectos coma a expresión corporal, a presenza escénica, a oralidade ou a improvisación, entre outros.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que é gratuíta, poden inscribirse no departamento de Cultura do Concello ou no Auditorio Municipal. O curso prolongarase ata o mes de xuño, un tempo no que se tratará de estimular a creatividade dos alumnos por medio da arte teatral e favorecer o desenvolvemento da confianza propia e allea a través de exercicios lúdicos de xogo dramático. Outro dos obxectivos é que aprendan a traballar en equipo coma se dunha compañía teatral se tratara.

Durante o curso, ademais de impartir as clases semanais, crearanse e produciranse ata tres espectáculos que serán representados e público como colofón á temporada.

A encargada de dirixir a Escola Municipal e impartir as sesións será a actriz, directora e mestra de teatro Iria Acevedo Pérez, máster en Estudos Avanzados de Teatro pola UNIR e con experiencia en teatro profesional, cine, televisión e dramaturxia. Empregará unha metodoloxía práctica e baseada en exercicios de expresión corporal, voz, improvisacións e actuacións, así coma no desenrolo de ferramentas comunicativas, expresivas e de posta en escena.

Teatro

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver