Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actuación ten como obxectivo retomar a actividade das instalacións e a súa plena funcionalidade

- As obras execútanse a través dun convenio doa Consellería de Medio Ambiente

PuntoLimpoBaleirado1

Valga, 15 de outubro de 2022.

Os traballos de baleirado do Punto Limpo e da Planta de residuos da construción e derrubamentos, que arrancaron a comezos de outubro, avanzan con bo ritmo e, de feito, xa se retirou da zona todo o escombro e restos de obras que se acumulaban nas instalacións como consecuencia do abandono das mesmas por parte da última concesionaria, que se declarou en quebra e deixou no lugar unha grande acumulación de residuos cunha separación deficiente dos mesmos.

Á marxe dos restos da construción e derrubamentos, tamén deu comezo a retirada doutros residuos coma colchóns ou electrodomésticos.

A actuación de limpeza e rehabilitación do Punto Limpo ten  como obxectivo recuperar a súa plena funcionalidade de cara á posta en marcha, de novo, das instalacións. Para a súa execución o Concello asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente.

PuntoLimpoBaleirado2 PuntoLimpoBaleirado4

PuntoLimpoBaleirado3

Volver