Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Celebrouse unha ceremonia relixiosa con motivo da festividade da Virxe do Pilar, patroa da Benemérita

- Tamén asistiron representantes da Policía Local e da agrupación de Protección Civil

GardaCivil22 1

Valga, 13 de outubro de 2022.

A Garda Civil de Valga celebrou onte a festividade da súa patroa, a Virxe do Pilar, cunha cerimonia relixiosa na igrexa parroquial de San Miguel. Estivo presidida polo sarxento-comandante do posto valgués da Benemérita e o alcalde, José María Bello Maneiro.

O goberno municipal estivo igualmente representado polo concelleiro de Seguridade, José Lagos. Acompañaron tamén á Garda Civil nesta xornada efectivos da Policía Local e da agrupación de Protección Civil, así como familiares e achegados dos gardas e antigos compañeiros, entre eles un exsarxento e un excabo 1º, agora xa xubilados

Ademais da cerimonia relixiosa, os asistentes tamén compartiron un viño.

GardaCivil22 2 GardaCivil22 3

GardaCivil22 4

Volver