- Diríxense a veciños que carezan de ingresos suficientes para afrontar gastos de alimentación, vivenda e pago de recibos, entre outros conceptos
- Teñen preferencia as persoas con menores ao seu cargo
Valga, 6 de outubro de 2022.
O Concello de Valga lembra que continúa aberto o prazo para solicitar axudas de emerxencia social dirixidas a persoas en situación de exclusión social ou en risco de estalo e que carezan de ingresos suficientes para facer fronte aos gastos polos que se solicita a axuda. Teñen preferencia aquelas persoas con menores ao seu cargo e, para solicitalas, os ingresos económicos da unidade de convivencia non poden superar o seguinte baremo:
Os tipos de axudas que poden solicitarse son:
- Alimentación: compra de alimentos e pagamento de servizos de restauración.
- Uso de vivenda: pagamento de débedas de alugueiro e hipotecarias, acondicionamento de habitabilidade, mobiliario e enxoval da vivenda, estancias temporais nun centro residencial ou nun establecemento hoteleiro.
- Pago de recibos: electricidade, leña ou equivalentes, gas, gasóleo ou auga.
- Produtos de hixiene e limpeza.
- Farmacia.
- Electrodomésticos básicos: lavadora, quentador, cociña, frigorífico, deshumidificador...
- Desprazamentos a recursos asistenciais ou sanitarios fóra do concello.
- Reparación e mantemento de vehículos.
- Lentes e audífonos.
- Tratamentos de odontoloxía non financiados polo Servizo Galego de Saúde.
- Produtos de apoio: camas articuladas, guindastres, colchóns antiéscaras, cadeiras e barras de ducha ou baño, andadores...
- Atencións de carácter complementario: destinadas a persoas con algunha discapacidade ou dependencia (fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional e/ou psicolóxica).
- Roupa e calzado.
Estas axudas son convocadas pola Deputación en colaboración co Concello de Valga e aquelas persoas que precisen máis información ou queiran presentar unha solicitude poden dirixirse ao departamento municipal de Servizos Sociais.