Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Investiranse case 150.000 euros para continuar coas beirrarrúas cara O Carballiño

- Tamén se canalizarán os servizos, instalaranse tubaxes para as augas pluviais e pintaranse prazas de estacionamento

AreaEmpresarialObras1

Valga, 4 de outubro de 2022.

A cuarta fase de mellora das infraestruturas viarias na área empresarial de Campaña acaba de dar comezo cun investimento de 149.998’51 euros, parte dos cales están subvencionados pola Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través dunha liña de axudas para habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais de Galicia.

Con esta actuación preténdese continuar adaptando as infraestruturas viarias ás necesidades desta zona empresarial e ao aumento tanto de persoal coma de transporte, ofrecendo un mellor servizo a vehículos e peóns á hora de circular por esta contorna e facilitando o desenrolo da actividade empresarial. Hai que ter en conta que esta área de Campaña é o maior asentamento industrial do municipio con seis grandes empresas nas que traballan case dous milleiros de persoas.

As obras retomáronse no punto no que se deixaron na fase anterior, dando continuidade ás beirarrúas en tramos de ambas marxes da estrada. Na marxe dereita, en dirección ao Carballiño, habilitarase a senda para a circulación de peóns nun tramo situado fronte ás instalacións da empresa Intavalsa. Na marxe esquerda, a senda avanzará dende Distribuciones Lema ata o cruce do Carballiño.

O proxecto tamén inclúe a canalización dos servizos de abastecemento de augas e do alumeado, a instalación de tubaxes para a recollida de augas pluviais cos correspondentes sumidoiros e o acondicionamento e pavimentación dos sobreanchos da estrada. Por último, ampliaranse as prazas para o estacionamento de vehículos.

AreaEmpresarialObras2 AreaEmpresarialObras4

Volver