- A maquinaria entrou esta mañá nas instalacións e xa comezaron a triturar o escombro para a súa posterior xestión
- A última concesionaria declarouse en quebra e abandonou a instalacións con residuos irregularmente acumulados
Valga, 3 de outubro de 2022.
O baleirado do Punto Limpo e da Planta de Residuos da construción e derrubamentos xa está en marcha. Maquinaria e operarios da empresa Restauración del Hábitat y Medio Ambiente Caamaño S.L. entraron esta mañá nas instalacións, situadas no lugar de Coto (Campaña) para iniciar os traballos, que inclúen o baleirado, limpeza, segregación e xestión dos residuos.
Estes estaban irregularmente acumulados na zona debido ao abandono das instalacións por parte da última empresa concesionaria, que se declarou en quebra e deixou o recinto do Punto Limpo e da planta de escombro totalmente desbordado e cunha separación deficiente dos diferentes tipos de residuos.
Para poñer fin a esta situación, o Concello solicitou a colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa que asinou un convenio de colaboración para financiar as obras. O obxectivo último e recuperar a plena funcionalidade do Punto Limpo e que volva a prestar servizo.