Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A entrega dos billetes para os tres destinos tivo lugar onte no Salón de Plenos

- O Concello subvenciona parte da viaxe e faise cargo dos desprazamentos ao aeroporto

BilletesImserso1

Valga, 30 de setembro de 2022.

Un total de cincuenta e tres valgueses viaxarán nos próximos meses co Imserso a diversos destinos turísticos de España. Onte tivo lugar no Salón de Plenos a entrega dos billetes aos veciños que participarán nesta edición do programa de turismo social que promove o Instituto de Maiores e Servizos Sociais.

 Serán tres as viaxes nas que participen os maiores de Valga: Barcelona no mes de marzo, Almería en abril e Gran Canaria en maio. As estancias serán de entre oito e dez días e inclúen transporte de ida e volta en avión, aloxamento en réxime de pensión completa e programa de animación sociocultural, así coma os correspondentes seguros e servizo médico.

O programa de turismo social do Imserso é unha iniciativa de envellecemento activo que ofrece ás persoas maiores estancias en zonas de costa e turismo de interior, contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida e a previr a dependencia. As viaxes son subvencionadas polo Ministerio de Dereitos Sociais e o Concello que, ademais farase cargo dos desprazamentos ata o aeroporto de Vigo, dende onde sairán as tres viaxes.

BilletesImserso2

Volver