- Os interesados en asistir poden inscribirse de xeito gratuíto no Concello ou no Auditorio
- Na actividade formativa participarán, tamén, traballadores municipais
Valga, 20 de marzo de 2018.
O Concello de Valga organiza a xornada “Podemos salvar vidas”, que terá lugar o vindeiro mércores, 28 de marzo, no Auditoiro Municipal. Efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal falarán sobre primeiros auxilios e ofrecerán aos asistentes unhas nocións básicas para axudar a persoas feridas, enfermas ou accidentadas ante a ausencia de persoal médico.
A charla dará comezo ás 16 horas e contará coa asisitencia de traballadores municipais. Ademais, pode acudir calquera veciño que o desexe de xeito gratuíto. As inscricións poden realizarse no Auditorio, na Oficina de Información Xuvenil (OMIX) ou en dependencias do Concello.