- Veciños de ambas localidades recibirán asesoramento para mellorar as súas posibilidades de inserción laboral

- As accións irán dirixidas á información aos demandantes e á prospección de emprego

ConvenioOL

Valga, 29 de setembro de 2022.

Os Concellos de Valga e Pontecesures veñen de asinar un convenio de colaboración para a prestación do servizo de orientación laboral a persoas demandantes de emprego.

O Concello de Valga, como centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, leva dende o ano 2011 realizando actividades de información, orientación e prospección de emprego, un servizo que grazas a este convenio se fai tamén extensible ao Concello de Pontecesures e aos seus veciños, co obxectivo sempre de mellorar as posibilidades de inserción laboral e de empregabilidade.

As accións que se ofrecen a través deste servizo inclúen:

  • Diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional das persoas demandantes de emprego.
  • Deseño de itinerarios personalizados para o emprego e acompañamento no seu desenvolvemento.
  • Deseño, planificación e execución de acción grupais de orientación laboral que poidan ser de interese.
  • Asesoramento e axuda na elaboración dun currículo que reflicta o seu perfil e competencias profesionais.
  • Información e asesoramento adicional sobre a situación do mercado de traballo, as políticas activas de emprego e a oferta formativa.
  • Apoio á xestión da mobilidade laboral.

Serán destinatarios destas accións as persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia de ámbolos dous concellos, que contan para o desenvolvemento deste servizo cunha subvención da Xunta de Galicia.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver