Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As actividades están dirixidas a persoas maiores de 65 anos

- Este programa trata de favorecer o envellecemento activo e mellorar as relacións sociais dos participantes

CampusSenior2223WEB

Valga, 29 de setembro de 2022.

A Concellería de Benestar Social abre o prazo de inscrición nunha nova edición do programa Campus Sénior, unha iniciativa que se dirixe a persoas maiores de 65 anos co obxectivo de promover un envellecemento activo a través de propostas lúdicas e creativas.

As actividades retomaranse nas vindeiras semanas, en concreto os obradoiros de pintura e manualidades, que promove a expresión dos participantes a través da arte, traballando ao mesmo tempo aspectos coma a psicomotricidade. Ademais, con estas sesións tamén se trata de favorecer a integración e a mellora das relacións sociais dos maiores.

As clases terán lugar os martes, de 10:30 a 12:00 horas, no Auditorio Municipal e os xoves, co mesmo horario, na Casa da Cultura de Valga.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 7 de outubro, tanto no Concello coma no Auditorio, ou a través do teléfono 659 063 714.

CampusSenior2223

Volver