- As obras executaranse a través dun convenio coa Consellería de Medio Ambiente
- A anterior concesionaria declarouse en quebra e abandonou a instalacións con residuos irregularmente acumulados
Valga, 14 de setembro de 2022.
O Concello acaba de sacar a licitación, pola vía de urxencia os traballos de baleirado, limpeza, segregación e xestión dos residuos irregularmente acumulados no Punto Limpo e na Planta de Residuos da Construción e derrubamentos, situados no lugar de Coto (Campaña).
Estas instalacións eran xestionadas en réxime de concesión administrativa, pero a última concesionaria declarouse en quebra e deixou as infraestruturas en estado de abandono, totalmente desbordadas e cunha separación deficiente dos residuos.
O Concello solicitou a colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa que vén de asinar un convenio de colaboración para executar os labores de limpeza e rehabilitación da Planta de xestión de residuos e do Punto Limpo co obxectivo de recuperar a súa plena funcionalidade.
As empresas que queiran optar a adxudicación do contrato poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 21 de setembro.