Data e hora: 15 de setembro de 2022 ás 20:10 horas
Lugar: Salón de Plenos
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
A) Parte resolutiva
1. Aprobación da acta da sesión ordinaria celebrada en data 04-07-2022.
2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria celebrada en data 21-07-2022.
3. Expediente 627/2022. Modificación do anexo da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo da Escola Infantil Municipal.
4. Expediente 599/2022. Modificación do regulametno de organización e funcionamento da Escola Infantil Municipal.
5. Expediente 582/2022. Aprobación dos festivos locais para o ano 2023.
6. Expediente 472/2020. Aprobación inicial, se procede, da Ordenanza Ágora reguladora da mobilidade amable e de utilización dos espazos públicos.
7. Expediente 835/2020. Proxecto para a supresión de pasos a nivel.
8. Expediente 628/2022. Expropiación de terreos río Louro (convenio con Augas de Galicia para reducir o risco de inundacións).
9. Expediente 623/2022. Expropiación de terreos para dar acceso á futura EDAR da Medela.
10. Expediente 517/2022. Conta xeral do orzamento do exercicio 2021.
11. Petición de comparecencia do grupo PSdeG-PSOE do concelleiro de Obras, Servizos, Urbanismo, Medio Ambiente e Desenvolvemento Rural, don Román Castro Castromán, co obxecto de dar conta da súa xestión nos vertidos do saneamento municipal acontecidos no río Louro durante os meses de xullo e agosto de 2022, así como dar conta da xestión da depuradora e Punto Limpo.
B) Actividade de control
12. Dar conta dos decretos de Alcaldía (Art. 42 ROF).
13. Dar conta ao Pleno do Plan anual de control financeiro.
14. Dar conta do resumo anual sobre control interno do exercicio 2021.
15. Mocións de urxencia.
16. Rogos e preguntas.