- O tenente alcalde, Román Castro, e a concelleira Begoña Piñeiro visitárona para darlle os parabéns
- Agasallárona cun ramo de flores e unha torta, na que apagou as candeas
Valga, 12 de setembro de 2022.
A centenaria Josefina Rodríguez Touceda, veciña do Carballiño (Xanza), estivo onte de aniversario e, como xa é tradición en Valga, foi felicitada por unha representación do goberno municipal.
O tenente alcalde, Román Castro, e a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, visitárona no seu domicilio para darlle os parabéns en nome de todos os veciños e, ademais, agasallárona cun ramo de flores e unha torta, na que apagou as candeas.
Josefina Rodríguez é actualmente a terceira persoa máis lonxeva de Valga, só superada por Hipólito Cerqueiras Pardal, de Moldes, e Regina Grela Fernández, de Campaña, que contan con 102 anos.