Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O colectivo, con sede na comarca do Sar, traballa a prol da mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual

- Os vestidos e a réplica da casa natal da Bella Otero foron algúns dos contidos que máis chamaron a atención dos visitantes

AmipaMuseo1

Valga, 9 de setembro de 2022.

O Museo da Historia recibiu esta mañá unha visita da asociación Amipa, colectivo da comarca veciña do Sar dedicada ao desenvolvemento de servizos e programas orientados á mellora da calidade de vida de persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, promovendo a súa inclusión na comunidade.

Entre as actividades que promoven atópanse as saídas culturais e, nesta ocasión, elixiron como destino o Museo da Historia, onde foron recibidos pola técnica municipal responsable das instalacións, Vanessa Losada, que os guiou polas distintas estancias nas que se divulga o patrimonio natural, cultural, histórico e artístico de Valga.

Coñeceron máis polo miúdo o territorio e a paisaxe de Valga,  fixeron un percorrido pola historia do municipio, dende os primeiros poboadores ata a época contemporánea, e, por último, descubriron as traxectorias vitais e profesionais de valgueses ilustres coma Xesús Ferro Couselo ou a Bella Otero.

As réplicas dos vestidos da artista da Belle Époque ou a recreación da súa casa natal foron algúns dos contidos que máis chamaron a atención dos visitantes.

AmipaMuseo2 AmipaMuseo3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver