- Os traballos consisten na substitución da vella tubaxe por unha nova para evitar avarías e perdas

- A situación de seca durante os últimos meses motiva estas actuacións, para as que se ten solicitada unha subvención á Deputación

AbastecementoSouto1

Valga, 8 de setembro de 2022.

A pesar das chuvias caídas durante as últimas xornadas a situación pola seca segue a ser preocupante e o Concello continúa coa realización de obras urxentes de mellora da rede municipal de abastecemento para evitar perdas de auga debido a avarías ou roturas naqueles tramos de tubaxes máis antigos, nos que son frecuentes estas problemáticas.

Esta situación prodúcese en varios puntos do concello, con perdas que chegaban a máis do 50% do total. Isto provocaba un incremento moi importante do consumo de auga, polo que o goberno local decidiu levar a cabo unha actuación de emerxencia tendo en conta as escasas precipitacións dos últimos meses, e para evitar que puideran producirse carencias ou restricións na subministración de auga potable domiciliaria á poboación en caso de se perpetuase a situación de seca.

Os operarios e maquinaria que se encargan destas actuacións atópanse nestes días traballando no lugar de O Souto (Campaña), onde se están a abrir gabias para retirar a vella mangueira e substituíla por unha nova. Actuacións semellantes xa se executaron con anterioridade en Moldes en na zona de Castiñeiras-A Torre, e está previsto que continúen noutros lugares do concello.

Para financiar estas actuacións, o Concello ten solicitado a súa colaboración á Deputación, a través da recentemente anunciada liña de axudas para as administracións locais da provincia para actuacións de emerxencia para garantir o abastecemento de auga potable domiciliaria.

AbastecementoSouto3       AbastecementoSouto5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver