Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A camiñada celebrarase o 9 de outubro e pasará por lugares coma as fervenzas ou as capelas da Saúde e dos Martores

- O prazo para anotarse estará aberto ata o día 5 de outubro, presencialmente ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

RíoUlla

Valga, 6 de setembro de 2022.

O Concello de Valga ten aberto dende hoxe o prazo de inscrición na ruta de sendeirismo “Vista panorámica do val do Ulla”, que terá lugar o vindeiro 9 de outubro dentro do programa “Goza do Ulla”, co que se quere poñer en valor e promocionar o valioso patrimonio natural e cultural dos territorios bañados polas augas deste río, , dende o seu nacemento en Antas de Ulla ata a desembocadura en Vilagarcía de Arousa.

O período para anotarse pecharase o mércores 5 de outubro ás 15:00 horas e o trámite pode realizarse nas oficinas do Concello ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., a onde debe enviarse a ficha de inscrición debidamente cuberta. Esta pode descargarse na páxina web municipal (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes).

“Vistas do Ulla e afluentes” é o nome do percorrido circular de dificultade media/alta e 12 quilómetros de lonxitude deseñado polo Concello para esta ocasión. Discorrerá por algunhas das zonas máis elevadas de Valga, comezando nunha das sendas do Camiño Portugués para avanzar por paraxes arboradas e con desniveis. Visitaranse lugares histórico-culturais como a Capela da Saúde, en Casal de Eirigo, ou a Capela dos Martores. Atravesando o río Valga, afluente do Ulla, nunha contorna natural, os participantes achegaranse tamén ás fervenzas de Parafita e Raxoi, para gozar da beleza do seu entorno e tamén dos seus muíños.

Folla de inscrición

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver