- A Consellería de Educación financia as actuacións de acondicionamento nos colexios rurais

- As escolas de Ferreirós, Vilarello, Forno, Campaña, Xanza e Chelo suman un total de 86 alumnos

BañosCRA1

Valga, 2 de setembro de 2022.

As escolas do CRA de Valga contarán no curso que está a piques de comezar con diversas melloras nas súas instalacións, xa que nas últimas semanas estanse a levar a cabo traballos para acondicionar os espazos educativos e poñelos a punto para recibir ao alumnado o vindeiro día 8.

As actuacións corren a cargo da Consellería de Educación e inclúen a renovación dos baños en cinco colexios rurais: os de Vilarello, Forno, Campaña, Xanza e Chenlo. Cambiáronse tanto as instalacións de fontanería coma os inodoros e os lavabos. Na sexta escola, a de Ferreirós, esta mellora xa se executara durante o pasado curso.

Tamén se están a realizar melloras nos sistemas de climatización, concretamente nas escolas de Campaña e Chenlo, coa instalación de sistemas de calefacción mediante bomba de calor co obxectivo de avanzar cara o aforro enerxético. Os demais colexios contan con emisores eléctricos adquiridos polo Concello no pasado curso.

O CRA de Valga contará este ano con 86 alumnos, dos cales 33 son novas matrículas, destacando un ano máis coma o CRA de Galicia con maior número de matriculacións. No último trienio, as escolas rurais valguesas pasaron de 55 a 86 alumnos, o que dá mostra da súa calidade educativa.

      BañosCRA3        BañosCRA4

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver