- Poden financiarse con esta subvención gastos referidos á preparación de documentación ou redacción de proxectos
- Esta liña de axudas estaba dirixida a concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes
Valga, 15 de xullo de 2022.
O Concello de Valga vén de recibir unha subvención de de 3.630 euros da Deputación de Pontevedra para o financiamento dos gastos derivados da presentación de candidaturas de proxectos subvencionables ao Programa de Impulso de Rehabilitación de Edificios Públicos (Pirep Local), convocado polo Goberno Central no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O Concello ten intención de presentar proxectos a esta convocatoria e, por iso, concorreu a esta liña de axudas, dirixida a concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes co obxectivo de estimular a súa participación no Pirep Local.
O obxecto da subvención son os gastos derivados das asistencias técnicas que se contraten para preparar a documentación necesaria para a presentación de solicitudes de subvención así como, no seu caso, a redacción ou adaptación dos proxectos de investimentos que se poidan acoller á convocatoria do Pirep Local.