- Os membros de Amigos do Belén acometeron labores de acondicionamento e ornamentación dos exteriores do nacemento

- Vilar e o CRA compartiron o segundo premio e Canle clasificouse en terceiro lugar

BelénEmbelecer

Valga, 30 de agosto de 2022.

O Belén Artesanal foi elixido como o lugar máis fermoso de Valga. Os traballos de acondicionamento executados polos membros da asociación Amigos do Belén nos exteriores do nacemento, con materiais aportados polo Concello, foron os máis valoradas polo xurado do concurso “Embelecer Valga”, que o pasado día 20 percorreu dos dezanove parques e espazos públicos participantes no certame.

No caso do Belén, as obras realizadas incluíron a restauración do peche de madeira, limpeza e a decoración e ornamentación do espazo con plantas, flores e figuras feitas a man con materiais reciclados. Este proxecto foi premiado con 300 euros, un diploma e un trofeo que recolleron o pasado sábado no acto institucional da XXXII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País celebrado no Parque Irmáns Dios Mosquera.

O segundo posto do certame (200 euros de premio) foi compartido entre Vilar e o CRA de Valga. Os veciños de Vilar acometeron a mellora do campo da festa (colocación de valados, peche de pedra e plantación de enredadeiras), no que instalaron unhas grandes letras de ferro co nome da aldea e unha figura en homenaxe ás mulleres que participan na tradicional Procesión dos Lacóns. Ademais, realizaron obras de mellora no parque infantil. No caso do CRA, as accións realizadas polo profesorado e familias do alumnado consistiron na mellora dos espazos educativos, especialmente dos espazos exteriores das escolas de Forno, Ferreirós, Vilarello, Campaña, Xanza e Chenlo.

En terceiro lugar clasificouse Canle, que recibiu un premio de 100 euros polos traballos de acondicionamento e reposición de xardíns no parque do lugar.

Por último, entregouse un premio especial ao lugar cun mellor mantemento durante todo o ano. Este galardón, dotado con 150 euros, recaeu tamén no CRA de Valga, pola conservación constante que realizan das escolas unitarias.

Tamén concorreron a esta edición de “Embelecer Valga” os lugares de Avenida da Coruña, Barcia, Barro, Beiro, Campaña (Eirexe), CEP Ferro Couselo, CEIP Baño-Xanza, Cimadevila, Eiras, Escola Infantil, Ferreirós (con dúas comisións que actuaron no parque e nun talude da estrada PO-190), Gándara, Laceiras e Vilarello. Todos eles foron gratificados con 100 euros pola súa participación.

GañadoresEmbelecer22 Embelecer22Vilar

Embelecer22CRA Embelecer22Canle

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver