Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Actuarase nunha lonxitude de 300 metros nos que se limparán as cunetas, canalizarase a recollida de pluviais e mellorarase o firme

- Tamén se modificará o trazado para corrixir unha das curvas

CarreteraCasaldeirigo1

Valga, 29 de agosto de 2022.

O Concello sacou a licitación nos últimos días o proxecto de mellora dun camiño municipal no lugar de Casal de Eirigo, que se financiará a través do Plan Marco da Consellería do Medio Rural. O investimento total será de 58.868’91 euros, un orzamento co que se executarán actuacións de acondicionamento do pavimento, mellora de servizos e incluso a modificación do trazado para unha maior seguridade viaria.

O camiño, que dá acceso a parte do núcleo de Casaldeirigo e tamén a un grupo de parcelas agrícolas, atópase nun estado de deterioro. Con esta actuación trátase de corrixir estas deficiencias para cumprir cos obxectivos do Plan Marco: mellorar as condicións de vida dos residentes en áreas rurais a través do acondicionamento de infraestruturas e servizos básicos.

A lonxitude sobre a que se actuará será de aproximadamente 300 metros, nos que se acometerá a limpeza das cunetas, canalización para a recollida de pluviais, corrección dunha curva para suavizala e reparación e aglomerado do firme.

As empresas que queiran optar a executar esta obra teñen de prazo para presentar as súas ofertas ata o día 6 de setembro.

 

Volver