- Begoña Sanmiguel, José Manuel Rodríguez e José Manuel Fabeiro acadaron os primeiros postos nas tres modalidades

- O certame, no que participaron 25 augardentes artesanais, celebrouse entre o xoves e o venres

GañadoresCaña22 1

Valga, 29 de agosto de 2022.

O Concurso da Caña do País xa coñece aos seus gañadores da edición de 2022. Produtores das parroquias de Xanza, Cordeiro, Campaña e Setecoros os premios ás mellores augardentes branca, de herbas e tostada tralas catas celebradas o xoves e o venres.

Foron vinte e cinco as augardentes que se presentaron ao certame, das que trece pasaron á cata final: cinco na modalidade branca, catro na de herbas e outras catro tostadas. Exerceron como catadores Manuel Blanco Picón, Mª Dolores Catoira Piñeiro, Juan Carlos García Busto e Ricardo Abuín Mariño e Mª Luisa Vázquez Tubío.

Aínda que o fallo se produciu o venres, non foi ata o sábado cando se deron a coñecer os gañadores, durante o acto de entrega de premios da XXXII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, que se celebrou no Parque Irmáns Dios Mosquera.

A mellor caña branca, gratificada con 400 euros, foi producida por Mª Begoña Sanmiguel de la Torre, de Senín. En segundo lugar clasificouse José Andrés Castro Santos, de Gándara. Na modalidade de herbas o primeiro premio (300 euros) foi para José Manuel Rodríguez Cerneira, de Campaña, e o segundo lugar ocupouno José Manuel Fabeiro Lapido, de Cerneira. Estes dous produtores foron tamén os vencedores na terceira categoría do concurso, caña tostada, aínda que invertíndose os lugares. José Manuel Fabeiro foi o gañador (300 euros) e José Manuel Rodríguez foi segundo.

GañadoresCaña22 2 GañadoresCaña22 3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver