- As solicitudes poden tramitarse a través da sede electrónica ou nos Servizos Sociais do Concello

- Ao centro poden asistir nenos de entre 3 meses e 3 anos de idade

EscolaInfantilfachada

Valga, 25 de agosto de 2022.

A Escola Infantil Municipal de Valga abre un período extraordinario de matrícula para cubrir as prazas que aínda están vacantes. O prazo abrirase o día 29 de agosto e prolongarase ata o 9 de setembro, podendo realizarse o trámite a través da sede electrónica (https://valga.sedelectronica.gal) ou no departamento de Servizos Sociais do Concello.

As familias teñen que cubrir un formulario que poden descargar na páxina web municipal (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) ou solicitar no Concello (986 55 94 56). Nel deben indicar os datos do alumno e dos demais membros da unidade familiar, así coma os servizos que se solicitan (tipo de xornada, horario e comedor, de ser o caso).

Ademais, deben presentar a seguinte documentación:

  • Libro de Familia onde apareza o alumno para o que se solicita o ingreso.
  • Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Pasaporte dos pais ou titores.
  • Certificado de empadroamento ou convivencia da unidade familiar expedido polo Concello.
  • No caso de separación, divorcio e nulidade matrimonial, acreditación de dita circunstancia, con expresión do réxime de visitas.
  • Unha fotocopia da última nómina de cada un dos membros da unidade familiar en activo. No caso de traballadores autónomos, presentarase o xustificante do último ingreso a conta trimestral presentado.

No caso de que un ou varios dos membros da unidade familiar non teñan ocupación laboral, presentarán unha certificación do INEM, ou do organismo autonómico correspondente, que acredite a situación de desemprego ou de percepción, ou non, de prestacións por aquel concepto.

  • No caso de persoas que tivesen presentada a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF):
  1. Unha copia da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas da unidade familiar. En caso de declaración individuais, presentarán unha copia da declaración de cada membro da unidade familiar obrigado a declarar.
  2. Os solicitantes da devolución rápida presentarán unha copia da comunicación que lles remitira a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) en aplicación da normativa tributaria reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
  • No caso de persoas que non tivesen presentada a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, certificación dos datos existentes na administración, que expide a Axencia Estatal da Administración Tributaria.

Na Escola Infantil Municipal poden matricularse nenos de 3 meses a 3 anos de idade.

BandoEInf

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver