- Con actuacións coma esta trátanse de evitar problemas de abastecemento debido á seca

- Tamén se actuará noutras zonas do concello nas que as tubaxes son antigas e sofren múltiples roturas

ObrasSeca1

Valga, 23 de agosto de 2022.

No día de onte deron comezo no lugar de Moldes (Cordeiro) obras de renovación das tubaxes da rede de abastecemento municipal. Os traballos afectan a un tramo concreto no que a mangueira era moi vella no que se viñan producindo avarías reiteradas e, polo tanto, importantes perdas de auga de máis do 50% do total.

Isto provocaba un incremento moi importante do consumo de auga, un feito ao que o Concello quere poñer fin tendo en conta a preocupante situación de seca actual debido ás escasas precipitacións dos últimos meses e agravada polas altas temperaturas, que pode chegar a ocasionar severas carencias na subministración de auga potable domiciliaria.

O goberno local quere evitar as restricións á poboación e, de aí, que decidira acometer unha serie de obras que permitan reducir ao mínimo as perdas de auga debido a avarías na rede municipal. O primeiro punto no que se está a actuar é Moldes, pero tamén están previstas actuacións similares noutras zonas do concello nos que se ten detectado a mesma problemática para minimizar o risco de desabastecemento.

Para financiar estas actuacións, o Concello ten solicitado a súa colaboración á Deputación, a través da recentemente anunciada liña de axudas para as administracións locais da provincia para actuacións de emerxencia para garantir o abastecemento de auga potable domiciliaria. Mentres non se resolve a solicitude de subvención o Concello decidiu ir avanzando as obras ante a gravidade da situación.

ObrasSeca2        ObrasSeca3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver