Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os establecementos son Alba, Comparada, Auditorio, Couceiro, O Pontellón, Potel, Maneiro, Caprichos, Praia fluvial e Pardal

- Entre as persoas que voten polo mellor petisco sortearanse dez vales de compra de 30 euros

Tapas22 1

Valga, 20 de agosto de 2022.
A XXXII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País quece motores, e faino cunha das actividades que de maior participación popular nos últimos anos: a Ruta-Concurso Tapa a Anguía, que cumpre a súa novena edición cun total de dez establecementos de hostalería participantes. Neles sírvense dende hoxe, e durante dúas fins de semana consecutivas, tapas de anguía gratuítas coas consumicións no seguinte horario: os sábados de 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 23:00 e os domingos de 12:00 a 15:00.

Os locais e os seus respectivos petiscos son os seguintes:
- Bar Pardal. Bocado crocante: Pan bao recheo de brotes e anguía crocante con salsa ali oli de pementos de Padrón.
- Praia fluvial de Valga. Tosta de anguía: Tosta con confitura de tomate, anguía, sementes de sésamo, salsa agridoce e módena.
- Pastelería Carpichos. Anguía escondida: Voulavent de follado recheo de anguía á barbacoa.
- Bar Maneiro. O toque do Salpicón: Salpicón con gambón, anguía, ovos, pemento, granada e vinagreta.
- Bar Potel. Anguía bañada en cervexa: Anguía frita bañada en cervexa con arroz e salsa de ovo e nata con especies.
- Café-Bar O Pontellón. Bao de anguía: Pan bao con anguía en tempura, acompañada de ensalada e maionesa
- Café-Bar Couceiro. Anguía ao mar: Anguía en salsa verde acompañada de produtos de mar.
- Cafetería Auditorio. Anguía ao forno: Anguía con gornición e patacas ao forno.
- Casa Comparada. Popietas de anguía: Anguía cociñada a baixa temperatura rechea de tapenade, sobre unha cama de cebola encurtida e queixo cottage.
- Café-Bar Alba. Chalana do Ulla: Anguía ao forno sobre pan de gamba e salsa de laranxa con cardamomo.

Durante esta primeira fin de semana celebrarase a parte de concurso, na que se pode votar pola mellor tapa e entrar no sorteo de 10 vales de 30 euros cada un para gastar no comercio local. Para iso hai que reunir os selos dos diferentes establecementos e depositar as papeletas nas urnas habilitadas en cada un deles. Con estes votos outorgaranse tres premios a outros tantos locais: os Mandís de Ouro, Prata e Bronce.

Ademais, haberá un xurado profesional que outorgará un único premio. A que elixan como mellor tapa da ruta poderá degustarse na Festa da Anguía de 2023.

Os días 27 e 28 serán unicamente de degustación.

 Tapas22 3Tapas22 2

Tapas22 4 Tapas22 5

Tapas22 6

 

Volver