- Preguntáronlles polo que supón esta experiencia para eles e fixéronlles recomendacións sobre sostibilidade
- Tamén realizaron unha actividade cos nenos que participan na Escola de Verán
Valga, 15 de agosto de 2022.
Os voluntarios europeos que están a participar no programa “XacobeAndo” instalaron un posto informativo no Camiño Portugués para achegarse aos peregrinos e coñecer as súas inquedanzas e como está a resultar para eles a experiencia de peregrinar a Santiago.
O posto estivo colocado xunto á área de descanso habilitada na zona de O Pino e permitiulles aos voluntarios interactuar cos camiñantes, interesándose pola súa procedencia, se era a primeira vez que realizaban o Camiño de Santiago ou se xa realizaran outras rutas con anterioridade. Tamén lles ofreceron algúns consellos sobre sostibilidade para protexer o Camiño e mantelo nunhas boas condicións ambientais e de limpeza. Fixeron preguntas sobre onde tiran os peregrinos o lixo que xeran mentres transitan pola Ruta Xacobea ou se ven suficientes as papeleiras e colectores existentes.
Os voluntarios tamén agasallaron aos camiñantes cunha torta típica dos países bálticos, a Lazy Cake, feita con galletas, leite condensada, manteiga e cacao.
Nos últimos días os cinco mozos procedentes de Córdoba, Grecia, Lituania, Estonia e Letonia tamén participaron nunha actividade cos nenos da Escola Verán, cos que fixeron marcapáxinas con cartóns e periódicos vellos nos que os rapaces escribiron mensaxes e cos que agasallarán aos peregrinos que pasen por Valga.
O programa “XacobeAndo” é unha iniciativa da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta. Os voluntarios, mozos de entre 18 e 30 anos, que están desprazados en Valga realizan dende o mes de xullo e ata finais de agosto actividades en tres ámbitos: Camiño inclusivo, Camiño sostible e Camiño dixital. Colaboran en aspectos como a concienciación ambiental e a posta en valor do patrimonio cultural e natural, a creación de recursos dixitais sobre a experiencia no Camiño, e o acompañamento e integración de grupos de persoas con necesidade