- As persoas que queiran participar deben acudir á oficina do Servizo Público de Emprego para inscribirse

- A Xunta aprobou unha subvención de 503.987 euros para financiar esta acción formativa

EscudoConcelloo

Valga, 9 de agosto de 2022.

Os concellos de Valga e Moraña colaboran unha vez máis en materia de formación para o emprego coa posta en marcha do Obradoiro Ulla-Umia VI, no que participarán vinte parados repartidos nas especialidades de carpintería e forestal.

As persoas que estean interesadas en participar –maiores de 18 anos– deben acudir, canto antes, á oficina do Servizo Público de Emprego para inscribirse cos seguintes códigos:

  • Forestal: AGAR0309
  • Carpintería: MAMD0209/0109 MAMR0308

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade aprobou a concesión dunha subvención de 503.987 euros para financiar os custos de formación profesional deste obradoiro.

Durante nove meses os aprendices asistirán a sesións teóricas para adquirir os coñecementos necesarios sobre estas dúas profesións e, ademais, realizarán prácticas consistentes en obras de utilidade pública, centradas na recuperación e acondicionamento de recursos endóxenos, principalmente relacionados co patrimonio histórico, cultural e ambiental de Valga.

No caso dos alumnos de carpintería, traballarán no acondicionamento de muíños e dunha antiga telleira e a dotación de mobiliario en áreas coma a praia fluvial de Vilarello e tamén no Camiño Portugués. Os aprendices de forestal, pola súa parte, realizarán tarefas de acondicionamento de parques e xardíns, así coma na Mina Mercedes e en Porto Piñeiro.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver