Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Arranxáronse as beirarrúas, as redes de abastecemento e saneamento e melloráronse o firme e a seguridade viaria

- A Axencia Galega de Infraestruturas financiou integramente o proxecto, que afectou a un tramo de 800 metros

CarreteraPO 190Visita1

Valga, 5 de agosto de 2022.

O delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López, o xefe territorial da Consellería de Infraestruturas, José Luis Díez, e o alcalde, José María Bello Maneiro, desprazáronse esta mañá a Ferreirós para comprobar o resultado da segunda fase das obras de dotación de servizos e pavimentación da estrada PO-190, uns traballos que permitiron solucionar as problemáticas que afectaban a esta vía, tales como beirarrúas estreitas, pavimento deteriorado ou o mal estado da rede de augas pluviais e das tubaxes de abastecemento e saneamento, entre outras.

Para sacar adiante este proxecto, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Valga asinaron un convenio de colaboración que supuxo un investimento de 531.498’30 euros, financiados integramente pola Xunta de Galicia, para actuar nun tramo duns 800 metros comprendido entre os puntos quilométricos 0'420 e 1'290.

Executáronse actuacións de arranxo e demolición de beirarrúas para a súa reconstrución, suprimindo barreiras arquitectónicas para favorecer a accesibilidade e facer máis seguro o tránsito de peóns. As novas beirarrúas realizáronse con pavimento de formigón coloreado.

Tamén se renovaron as redes de augas pluviais, abastecemento, saneamento e alumeado para mellorar a prestación destes servizos, soterráronse a rede eléctrica e algúns tramos da rede telefónica e, por último, renovouse o pavimento da estrada mediante o estendido de formigón bituminoso e dotouse á vía da correspondente sinalización horizontal e vertical, incluíndo o marcado de pasos de peóns sobre redutores de velocidade.

Con esta segunda fase ponse fin ás actuacións de mellora iniciadas nesta estrada PO-190 no ano 2020 e que constaron de dúas fases. Na primeira A primeira actuárase sobre un tramo de aproximadamente medio quilómetro comprendido entre o cruce coa estrada de Vilagarcía e o Auditorio Municipal, cun investimento de máis de 370.000 euros aportado tamén pola Xunta.

Tal e como recollía o convenio asinado polas dúas administracións, a estrada pasa a ser agora titularidade do Concello.

CarreteraPO 190Visita2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver