Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Procedían das dioceses de Granada, Guadix, Almería e Murcia

- O alcalde e as concelleiras Carmen Gómez e Begoña Piñeiro acudiron a recibir aos camiñantes e entregáronlles varios agasallos

PavillónPeregrinos1

Valga, 3 de agosto de 2022.

O pavillón municipal de Baño recibiu durante a xornada de onte a case un milleiro de peregrinos andaluces e murcianos participantes na Peregrinación Europea de Mozos, que durante estes días congrega en Santiago a máis de 12.000 persoas.

Os mozos que fixeron parada en Valga pertencían ás dioceses de Granada, Guadix, Almería e Murcia e comezaron a súa peregrinación o día 31 de xullo en Poio, percorrendo a Variante Espiritual do Camiño Portugués.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez, acudiron pola mañá ao pavillón para recibir aos representantes do numeroso grupo, integrado por uns 900 mozos que tiveron a oportunidade de achegarse a Valga por terra e tamén por vía fluvial. O luns remontaron o Ulla en catamarán, seguindo a mesma ruta que, no século I, trouxo os restos do Apóstolo Santiago ata Galicia. E onte fixeron o Camiño a pé.

A mediodía, o grupo ao completo reuniuse no pavillón, onde xantaron, e pola tarde realizaron diversas actividades tanto lúdicas coma relixiosas, entre elas una misa oficiada polo bispo de Guadix. Recibiron, ademais, a visita da concelleira Begoña Piñeiro, que agasallou aos representantes das respectivas dioceses con xabóns de camelia feitos no CODI, pins co escudo de Valga e bandeiríns.

Pola noite, parte dos peregrinos (máis de 400) quedaron tamén a durmir no recinto deportivo municipal.

PavillónPeregrinos2 PavillónPeregrinos3

PavillónPeregrinos4 PavillónPeregrinos5

Volver