- O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 10 de abril
- Impartirase en sesións semanais fixadas para os venres a partir das 20 horas
Valga, 15 de marzo de 2018.
O Servizo de Formación, Orientación e Emprego do Concello de Valga organiza unhas xornadas formativas sobre “Atención sociosanitaria a persoas dependentes” que se impartirán no Auditorio Municipal. Está aberto o prazo de inscición para as persoas que queiran participar na actividade, que terá unha duración de trinta horas e se desenvolverá entre o 13 de abril e ata o 22 de xuño con sesións semanais fixadas os venres ás 20 horas.
Os asuntos que se tratarán nas xornadas son os seguintes:
1. ASEO E HIXIENE DA PERSOA DEPENDENTE: familiarizar ás persoas participantes coas características e necesidades de coidados hixiénicos das persoas maiores e/ou dependentes, coas técnicas de aseo persoal e hixienización da cama.
CONTIDOS:
- A pel da persoa anciá. Características específicas.
- Coidados principais da pel da persoa dependente.
- Necesidades hixiénicas da persoa dependente en función do estado de saúde e nivel de dependencia.
- Aseo e hixiene de persoas con mobilidade reducida
- Aseo e hixiene da persoa acamada
- Axudas técnicas para o aseo.
- Hixiene da boca
- Hixiene de usuarios incontinentes, sondados e colostomizados
- Cambio de cueiro
- Limpeza e conservación de próteses.
- Hixienización e cambio de roupa da cama coa persoa acamada
2. AXUDA Á DEAMBULACIÓN, TRASLADO DA PERSOA DEPENDENTE EN CADEIRA DE RODAS EN ENTORNOS NON ACCESIBLES: familiarizar ás persoas participantes co uso de muletas, andadores, cadeira de rodas e outras axudas técnicas para a deambulación e o emprego destas en entornos non accesibles como escaleiras, beirarrúas, pendentes, etc.
CONTIDOS:
- Deambulación con muletas, e andadores
- Técnicas para a entrada e saída da persoa con mobilidade reducida en vehículo convencional
- Manexo da cadeira de rodas con persoas dependentes.
- Traslado da persoa dependente en cadeira de rodas en entornos non accesibles, (escaleiras, pendentes pronunciadas, aceras, etc)
3. POSICIÓNS ANATÓMICAS E MOBILIZACIÓNS DA PERSOA ACAMADA: familiarizar ás persoas participantes coas posicións anatómicas na cama e coas técnicas de mobilización da persoa acamada para a prevención de lesións e riscos na persoa coidadora
CONTIDOS:
- Posicións anatómicas básicas
- Mobilización e cambios de posición para a realización do aseo na cama
- Cambios posturais da persoa acamada e frecuencia para a prevención de UPP.
- Transferencias cama – cadeira de rodas e viceversa.
- Transferencias cadeira de rodas – ducha ou WC e viceversa.
4. MOBILIZACIÓN E TRANSFERENCIAS DA PERSOA ACAMADA CON GRÚA XERIÁTRICA: familiarizar ás persoas participantes co funcionamento e o uso da grúa xeriátrica para mobilizacións e transferencias básicas da persoa acamada.
CONTIDOS:
- A grúa xeriátrica. Partes, funcionamento e usos.
- Mobilización da persoa acamada co emprego da grúa.
- Transferencias da persoa acamada con grúa
5. ÚLCERAS POR PRESIÓN NA PERSOA DEPENDENTE. PREVENCIÓN E TRATAMENTO: familiarizar ás persoas participantes cos tipos de úlceras por presión, curas, tratamento, incidindo de maneira significativa nas medidas para evitar que se produzan e na vixiancia para detectar os primeiros síntomas.
CONTIDOS:
- Qué son as úlceras por presión (UPP) e por qué se producen
- Tipos e graos de UPP
- Zonas de especial atención e coidado.
- Curas das UPP
- Medios, utensilios e accesorios para evitar as UPP
6. A DIABETE. PRECAUCIÓNS E ACTUACIÓNS CO USUARIO DIABÉTICO: familiarizar ás persoas participantes coa diabete e a actuación diaria domiciliaria coas persoas dependentes afectadas por esta doenza.
CONTIDOS:
- Tipos de diabete.
- Características do usuario diabético.
- Toma e interpretación dos niveis de glicemia
- Administración de insulina
- Efectos da diabete nos pés. Precaucións e coidados.
- Alimentación da persoa afectada pola diabete.
7. A COMUNICACIÓN E O TRATO COA PERSOA DEPENDENTE. TÉCNICAS DE MODIFICACIÓN DE CONDUTA: familiarizar á coidadora coas pautas de comunicación básicas e as técnicas de modificación de conducta para poñer en práctica con persoas usuarias do servizo que presenten condutas inapropiadas que dificultan o traballo diario no domicilio.
CONTIDOS:
- Habilidades sociais e comunicativas básicas para a persoa coidadora
- Mantemento e entrenamento de hábitos de autonomía psicosocial en situacións cotiás no domicilio.
- Técnicas de resolución de conflitos
- Procedementos e estratexias de modificación de conduta
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de abril. As persoas que queiran recabar máis información sobre as xornadas poden dirixirse ao Servizo de Formación, Orientación e Emprego ou ao Auditorio Municipal.