Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As solicitudes para participar no concurso-oposición poden presentarse ata o vindeiro venres, día 29

- A cuadrilla terá como prioridade exintiguir lumes, pero tamén realizará traballos de prevención

 

Valga, 21 de xullo de 2022.

O Concello, en colaboración coa Consellería do Medio Rural, contratará de novo este verán cunha brigada de loita contra os incendios forestais, que se manterá activa durante un período de tres meses e estará formada por un total de cinco operarios (un xefe de brigada, un condutor e tres peóns).

O proceso de contratación xa está en marcha e a selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición, que consistirá nunha proba práctica, outra física e unha entrevista persoal. Para optar ao posto de condutor é obrigatorio estar en posesión do carné de conducir tipo B e para poder aspirar á praza de xefe de brigada requírese algunhas das seguintes titulacións: enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente. Tamén é necesario o carné B.

As persoas interesadas en formar parte desta cuadrilla teñen de prazo ata o vindeiro venres, 29 de xullo, para presentar as súas solicitudes no rexistro do Concello xunto á seguinte documentación:

  • Copia do DNI
  • Diplomas de cursos
  • Tarxeta de desemprego
  • Copia do carné de conducir B (para os postos nos que é requerido)
  • Copia da titulación necesaria, no caso de xefe de brigada

Para a posta en funcionamento da brigada, o Concello e máis a Consellería do Medio Rural asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de accións de defensa contra incendios forestais. Entre as funcións e tarefas a realizar por este retén terá prioridade a extinción de incendios forestais, pero tamén levarán a cabo labores de prevención.

Folla de solicitude e Currículo

Volver