Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Ofrece servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria

- As consultas, dirixidas a persoas maiores de 55 anos, son gratuítas

PortaAPorta

Valga, 21 de xullo de 2022.

O programa de Coidados Porta a Porta, da Xunta de Galicia, desprazará no mes de agosto a Valga un dos seus autobuses asistenciais que ofrecerán atención gratuíta a persoas maiores de 55 anos nas especialidades de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

Este servizo estará no noso concello os días 19, 22, 23 e 24 de agosto, nas inmediacións do Centro de Saúde e para acudir é necesario solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. As consultas son gratuítas.

Os servizos que ofrece son os seguintes:

  • Podoloxía: Faise unha consulta básica cunha valoración do estado xeral do pé, corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, calos e helomas.
  • Audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.

Estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar o deterioro, en caso de habelo.

Tríptico informativo

Volver