Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Decoraron cun mural as paredes dunha das estancias do centro de Baño

- A próxima semana desenvolverán unha nova acción conxunta, percorrendo un tramo do Camiño Portugués

CODIMural1

Valga, 20 de xullo de 2022.

Os voluntarios do programa “XacobeAndo” que están en Valga desenvolvendo iniciativas en torno ao Camiño de Santiago iniciaron a realización de actividades en colaboración con colectivos e entidades locais.

Logo duns primeiros días nos que coñeceron Valga e deseñaron o proxecto co que van traballar durante a súa estadía no municipio, esta semana están xa desenvolvendo accións concretas dentro das diferentes liñas de actuación coas que conta o programa. Unha delas é “Camiño inclusivo”, traballando a prol da integración de grupos de persoas con necesidades especiais, neste caso cos usuarios do CODI, cos que colaboraron nas últimas xornadas realizando un mural nunha das estancias do centro de Baño.

Primeiro acondicionaron a parede sobre a que se ía actuar, pintándoa de branco, e unha vez seca esta capa debuxaron os troncos de dúas árbores. Esta mañá os usuarios do CODI completaron a actividade deixando impresas na parede as pegadas das súas mans con diferentes colores e simulando as follas das árbores. Simbolizan os apoios que son precisos para acadar a súa plena inclusión social.

As actividades dos voluntarios de “Xacobeando” en colaboración co CODI continuarán a vindeira semana, cando acompañarán aos usuarios nun dos tramos do Camiño Portugués que discorre por Valga.

CODIMural2 CODIMural3

CODIMural4

Volver