Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As solicitudes poden tramitarse no propio centro, en horario de 10:00 a 14:00

- Tamén se pode solicitar información a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

iesporfora

Valga, 20 de xullo de 2022.

O IES de Valga oferta varios ciclos de formación profesional no que, tralo remate do prazo ordinario de matrícula, quedan prazas vacantes, polo que aínda se admiten inscricións de novos alumnos. A única condición que se esixe é cumprir cos requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

Os ciclos nos que aínda hai prazas liberadas son:

  • Ciclo básico de Fabricación e Montaxe
  • Ciclo básico de Agroxardinaría e Composicións florais
  • Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría nas modalidades Dual e Adultos
  • Ciclo Superior de Construcións Metálicas

A modalidade ordinaria do CM de Soldadura e Caldeiraría está xa completa.

As prazas vacantes cubriranse por orde de solicitude, que pode realizarse no propio IES de Valga, que durante o mes de xullo abre en horario de 10:00 a 14:00 horas. Tamén se pode contactar co centro a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver