Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- ADIF financiará as obras, valoradas en máis de 2’7 millóns, mentras que o Concello aportará uns 210.000 euros para as expropiacións necesarias

- Construirase un paso superior e darase continuidade aos camiños de enlace paralelos á vía para garantir a conexión entre ambas marxes

PasoNivelCastiñeiras

Valga, 19 de xullo de 2022.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a presidenta de ADFI e ADIF Alta Velocidade, María Luisa Domínguez, asinaron un convenio para suprimir dous pasos a nivel situados na liña férrea Redondela-Santiago.

Estes pasos a nivel corresponden aos cruces cos camiños de Carracido e de Castiñeiras-Carballa, ambos de titularidade municipal, e están dotados, respectivamente, de proteccións de Clase P (sinalización horizontal e vertical) e Clase A3 (semibarreiras automáticas).

As actuacións, valoradas en cerca de 3 millóns de euros (dos que 2’7 serán financiados por ADIF AV), permitirán mellorar a permeabilidade e incrementar as condicións de seguridade das infraestruturas de transporte, tanto para o tráfico viario e peonil coma para o ferroviario.

Actuacións previstas

Os traballos de supresión de ambos pasos a nivel, situados nos puntos quilométricos 64/110 e 65/212 da liña ferroviaria, serán realizados por ADIF e ADIF AV, e comprenden tanto as obras coma a súa dirección. A financiación será asumida por ADIF AV, cun investimento estimado en 2.742.056 euros.

A supresión levarase a cabo mediante a construción de camiños de enlace e un paso superior que permitirá cruzar as vías no punto quilométrico 65/300 da liña e garantirá a conexión entre ambas marxes e a accesibilidade para os propietarios de terreos e veciños en xeral.

Pola súa parte, o Concello dará a súa conformidade aos proxectos de supresión e asumirá o custo da expropiación dos terreos necesarios para realizar as obras –valorado en 208.812 euros–, así coma o mantemento e conservación dos elementos construídos (paso superior, sistemas de drenaxe e camiños de enlace).

Volver