Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade é organizada polo club Río Ulla, coa colaboración do Concello, co obxectivo de fomentar este deporte entre os máis novos

- Os rapaces realizan xogos e actividades lúdicas relacionadas coa canastra

Baloncesto1

Valga, 7 de xullo de 2022.

Un grupo de arredor de corenta nenos e mozos asiste dende o pasado martes ás sesións de baloncesto que se desenvolven no pavillón municipal de Baño. A actividade deportiva é organizada polo club Río Ulla, coa colaboración do Concello, e nela participan rapaces de entre 7 e 14 anos de idade, a gran maioría de Valga, pero tamén doutras localidades da contorna.

Trátase dunha iniciativa que se realiza por segundo verán consecutivo co obxectivo de fomentar a práctica deportiva entre os máis novos e, en concreto, do baloncesto. As sesións impártense os martes e xoves pola mañá. Nestas primeiras xornadas os participantes, divididos por grupos de idade, realizan diferentes actividades lúdicas e xogos relacionados coa canastra.

Algúns dos rapaces xa teñen experiencia no baloncesto, competindo co club Río Ulla, pero outros dos participantes están a dar os seus primeiros pasos neste deporte grazas a esta Escola de Verán, que é precisamente un dos obxectivos da actividade.

Baloncesto2 Baloncesto3

Baloncesto4           Baloncesto5

 

Volver