Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As concelleiras Carmen Gómez, Begoña Piñeiro e Malena Isorna acompañaron ao rexedor na visita

- Agasallárono un ramo de flores e unha torta e brindaron coa familia

Hipólito102 1

Valga, 5 de xullo de 2022.

O alcalde, José María Bello Maneiro, felicitou esta mañá a Hipólito Cerqueiras Pardal no día do seu 102 aniversario.

O rexedor, acompañado polas concelleiras Carmen Gómez, Begoña Piñeiro e Malena Isorna, visitou ao centenario no seu domicilio, en Moldes (Cordeiro) para transmitirlle os parabéns en nome de todos os veciños de Valga. Agasallárono cun ramo de flores, unha torta e doces cos que festexar unha data tan especial rodeado polos seus achegados.

O centenario, que é o veciño máis lonxevo de Valga, apagou as candeas co número 102 e brindou cos representantes municipais e os familiares que o acompañaban. Parte da familia reunirase este mediodía nunha comida na honra de Hipólito, que pola tarde tamén recibirá a visita de máis parentes que non queren deixar pasar o día sen felicitalo.

Hipólito Cerqueiras tivo seis fillos –un deles faleceu de mozo– e suma 25 netos, 16 bisnetos e 5 tataranetos. “Se temos que xuntarnos todos non nos chega o pavillón de Cordeiro”, bromeaba esta mañá unha das súas fillas.

Hipólito102 2 Hipólito102 3

Hipólito102 4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver