- Avenida da Coruña, Campaña e Sixto foron os gañadores nas outras tres disciplinas
- O alcalde e a directora xeral de Xuventude da Xunta entregaron os premios
Valga, 3 de xullo de 2022.
Regengo é o campión absoluto das Olimpíadas da Aldea 2022. Nas cinco competicións que se desenvolveron durante a tarde de onte na praia fluvial de Vilarello acadou dúas medallas de ouro: no Mundialito de Fútbol e no Cangrexo.
Outros tres equipos conseguiron a bitola de campións: Campaña nas carreiras de sacos, Sixto no brilé e Avenida da Coruña na xincana. Hai que destacar, ademais, o papel de equipos coma Parafita, que reuniu tres medallas de prata, ou Baño, que acadou o premio á Deportividade.
En total dez equipos inscribíronse nas Olimpíadas, que repartiron 1.500 euros premios. Os gañadores de cada disciplina recibiron 200 euros e os segundos clasificados, 100.
Este foi o palmarés final das Olimpíadas:
BRILÉ:
1º: Sixto
2º: Parafita
CANGREXO:
1º: Regengo
2º: Parafita
CARREIRAS DE SACOS:
1º: Campaña
2º: Parafita
MUNDIALITO DE FÚTBOL:
1º: Regengo
2º: Avenida da Coruña
XINCANA:
1º: Avenida da Coruña
2º: Sixto
CAMPIÓN ABSOLUTO: Regengo
PREMIO Á DEPORTIVIDADE: Baño
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Manuel Rodríguez
Na entrega de premios participaron o alcalde, José María Bello Maneiro, e a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel. Este departamento da Xunta desprazou onte a Vilarello unha carpa con información sobre distintos programas e iniciativas para a mocidade e que repartiu agasallos.