Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Terá lugar mañá a partir das 20 horas na sala de audiovisuais do IES

- Está organizada pola Rede de Convivencia Municipal, da que forman parte os Servizos Sociais do Concellos, os centros educativos de Valga e as Anpas

Acoso

Valga, 14 de marzo de 2018.

O IES de Valga acolle mañá xoves unha charla sobre acoso escolar dirixida a pais e familias do alumnado, tanto do instituto como do resto de centros educativos do municipio.

Terá lugar ás 20 horas na sala de audiovisuais do IES e será impartida por un responsable da Garda Civil, que informará á comunidade escolar sobre as medidas que poden adoptarse para previr o acoso escolar, como detectar posibles casos e como actuar ante eles.

A charla-coloquio está organizada pola Rede de Convivencia Municipal, da que forman parte o departamento de Servizos Sociais do Concello, o IES de Valga, o CEIP Baño-Xanza, o CEP Xesús Ferro Couselo e as súas respectivas asociacións de pais de alumnos. Esta rede xa organizou no mes de febreiro outra actividade centrada na resolución de conflitos, a xestións das relacións familiares e a súa repercusión no ámbito escolar.

Estas charlas enmárcanse no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna.

Acoso

Volver