Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os veciños máis veteranos de Valga gozaron de novo coa súa festa despois de dous anos sen celebrarse

- Asistiu, en representación da Xunta, o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado

Maiores22 1

Valga, 27 de xuño de 2022.

Máis de catrocentas persoas reuníronse na xornada de onte no pavillón municipal de Cordeiro con motivo da XXIV edición do Encontro cos Nosos Maiores, a tradicional homenaxe que o Concello rende aos valgueses máis veteranos.

Foi un día de ledicia para os maiores e de moitos reencontros, despois de dous anos nos que a pandemia e as conseguintes restricións sanitarias impediron que se celebrara esta festa. A Banda de Música Municipal de Valga foi a encargada de abrir a xornada cun concerto que deu paso a un xantar de confraternidade no que se degustaron empanada, salpicón, polbo á feira e carne guisada, ademais de sobremesa e café.

Trala comida, o grupo de acordeóns A Xaiba, de Vilagarcía, amenizou a tarde, durante a que, ademais, se sortearon máis de 200 regalos doados polas seguintes entidades e casas comerciais: Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Imagen Hostelería, Hnos. Castro Figueira, Limpezas Germania, Pavesa Senín, Xoiería Cortiñas, Frois, Mayper, Comercial Moncho, Aluminios García, Inforconstenla, Barton Maquinaria, Ferretería Barreiro, Librería Cativos, Mercería Aurelia, ODL, Carpintería Valdeza, Cordeiro C.F., Socyser, Talleres Santiago Iglesias, Floristería Ángeles, Agro Ulla, O Forno Garden, Nurmel, Kilovatio, Gasolineira A Palmeira, Graniulla, Botari, Covsa, Anduriña, AFYT, Autocares Benito Abalo, Grupo CdeC, Abanca, Hijos de Victoriano Rodríguez, Martín Abogados, Asociación Heroes de Casaldeirigo, Zona de Obra, Dielectro, Ufatec e Talleres Martínez.

Tamén se entregou un agasallo ás persoas de máis idade que asistiron á celebración: Concepción Jamardo, de 98 anos e veciña do Sixto, e Manuel Blanco Picón, de 92 anos e de Barcia. Recibiron unha botella conmemorativa da última Mostra da Caña do País.

O Encontro cos Nosos Maiores contou nesta edición coa asistencia do Director Xeral de Inclusión Social da Xunta, Arturo Parrado, ao que acompañaron en representación do goberno municipal o alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, e os edís Carmen Gómez, José Ángel Souto, José Lagos, Pedro Calvo e Manuel Ferreiro.

Maiores22 2 Maiores22 3

Maiores22 4 Maiores22 5

Maiores22 6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver