Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os participantes realizaron coreografías individuais, grupais e por parellas

- A actividade deportiva continuará durante o verán, con clases para nenos a partir de 3 anos

patinaxe22 1

Valga, 25 de xuño de 2022.
O pavillón municipal de Baño acolleu na tarde do xoves a clausura da Escola de Patinaxe, que contou durante esta temporada con case un cento de nenos e mozos inscritos, dende os 3 anos ata máis de 20.

Os patinadores ofreceron unha exhibición ante as súas familias e un numeroso público que ateigou o pavillón e ao que amosaron as destrezas adquiridas durante os últimos meses nas clases impartidas por Olalla Pérez.

Durante o curso, os inscritos aprenderon novas figuras e practicaron saltos e piruetas. Ademais, debido á situación dos dous últimos anos coa pandemia, “tivemos que retomar algunhas cousas esquecidas”, explicou a monitora.

O resultado puido verse o xoves, nas coreografías que os patinadores realizaron, tanto grupais, coma individuais e por parellas.

Curso de Verán
A actividade de patinaxe, que xera moita afección entre a rapazada de Valga, continuará impartíndose durante os meses de verán no pavillón de Baño. As clases, para nenos a partir de 3 anos, desenvolveranse os luns, mércores e venres en dous horarios diferentes: de 10:30 a 12:00 e de 12:00 a 13:30.

A inscrición pode realizarse a través do teléfono 645 573 561.

patinaxe22 2 patinaxe22 3

patinaxe22 4 patinaxe22 5

Volver