Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Un total de 24 estudantes asistiron durante este curso ás clases de inglés no Auditorio

- O rexedor felicitounos polos bos resultados e animounos a continuar a aprendizaxe de linguas estranxeiras

Ingles1

Valga, 23 de xuño de 2022.
Os vinte e catro alumnos que durante este curso asistiron ás clases de inglés que se impartiron no Auditorio Municipal recibiron esta tarde os seus diplomas, un acto no que participaron o, José María Bello Maneiro, e a concelleira Begoña Piñeiro.

Dende o mes de outubro de 2022 o alumnado, de entre 6 e 15 anos, traballou distintas destrezas da lingua inglesa, como gramática, fala e comprensión auditiva, tal e como explicou a mestra María Cobo, do Centro de Idiomas Waterford.

A profesora, que leva tres anos impartindo clases en Valga, felicitou aos seus pupilos polas “boas notas” acadadas e polo traballo realizado durante todo o curso. Bello Maneiro, pola súa parte, animou aos estudantes a “continuar perfeccionando o inglés e aproveitando as oportunidades formativas que se vos ofrecen e que supoñen un esforzo para as vosas familias”.

O rexedor puxo de manifesto a intención do goberno local de continuar apostando por esta actividade, tendo en conta a importancia que na actualidade adquire o dominio de linguas estranxeiras.

Ingles2 Ingles3

Ingles4 Ingles5

Volver