- O centro organizou un festival que tivo lugar no Auditorio Municipal
- Os raparigos e o equipo docente protagonizaron actuacións musicais e de baile
Valga, 20 de xuño de 2022.
A Escola Infantil Municipal celebrou o venres o remate do curso cun festival que tivo lugar nas instalacións do Auditorio Municipal e que reuniu ao alumnado, ás súas familias e ao equipo de mestres e educadores do centro.
Os raparigos, divididos por aulas, foron subindo ao escenario para protagonizar actuacións musicais e de baile, algúns vestindo disfraces. Tamén os seus mestres se animaron a bailar para o público.
O acto tivo como colofón a despedida dos nenos de tres anos que neste curso rematan a súa etapa na escola para empezar, en setembro, o segundo ciclo de Educación Infantil nos colexios ou nas escolas do CRA.