Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Integrantes da Banda, da Coral Polífonica, representantes da música, do baile, do teatro e das artes plásticas foron as protagonistas da tarde

- O acto conmemorou o Día Internacional da Muller e tamén o 150 aniversario do nacemento da Bella Otero

MULLERES5

Valga, 11 de marzo de 2018

O Auditorio Municipal acolleu esta tarde a homenaxe a corenta e seis mulleres valguesas vencelladas ás artes escénicas con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemorou o pasado dia 8, e tamén do 150 aniversario do nacemento da Bella Otero. Un recoñecemento a estas e outras moitas valguesas, tanto de nacemento como de adopción, que promoven as artes no máis amplo sentido do termo. Así, entre as homexeadas estiveron integrantes da Banda Municipal, da Coral Polifónica Santa Comba, e mulleres adicadas á música, ao teatro, á danza ou ás artes plásticas, entre outras disciplinas.

As homenaxeadas, que recibiron un diploma e un ramo de flores, foron:

  • Amalia Castiñeiras García
  • Amalia Martínez Bello
  • Ana Martínez Blanco
  • Ángeles Garrido Comparada
  • Antía Villar Rey
  • Carmen Curros Gens
  • Carmen Lema Castiñeiras
  • Carmen López Castro
  • Celia Bermúdez Barros
  • Cruz Lago Gómez
  • Encarna García Castro
  • Inma Bermúdez Abalo
  • Irene Bermúdez Albalo
  • Isabel Touceda López
  • Jessica Freire Lorenzo
  • Josefa López Ochoa
  • Judith Castaño Bandín
  • Lara Álvarez Fernández
  • Laura Lema Castiñeiras
  • Leticia Catoira Senín
  • Lidia Gallas Otero
  • Lorena Rodríguez Gómez
  • Lucía Solla Refojo
  • Luz María Iglesias Calviño
  • María del Carmen Castiñeiras Gómez
  • María José Chenlo González
  • María Dolores Castiñeiras Uzal
  • María Elisa Fernández Maquieira
  • María Gloria Suárez Bermúdez
  • María Rodríguez Miguéns
  • María Teresa Lorenzo López
  • Marisa Blanco Castroagudín
  • Matilde Rodríguez Touceda
  • Milagros Eiras Eiras
  • Nasi García Roura
  • Nieves Santos Campaña
  • Noelia Gómez Paz
  • Pilar García Sobrino
  • Pilar Rico Albert
  • Rebeca Oliveira García
  • Rosa María Bandín García
  • Rosa Crespo Iglesias
  • Valentina Ferro Castaño
  • Verónica Ferández
  • Victoria Calvo Ordóñez
  • Zoe Santos Aboy

Todas elas, coa súa adicación á cultura representan ás mulleres decididas, loitadoras, sen medos e que coa súa entrega, compromiso e entusiasmo contribúen a enriquecer o patrimonio cultural e artístico de Valga.

No transcurso do acto, o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Begoña Piñeiro, reafirmaron o compromiso do Concello de Valga coa igualdade e de aí este acto de “recoñecemento ao traballo das mulleres que, tanto de forma individual como a través das entidades e colectivos sociais, seguen a dar pasos adiante para acabar coas diferentes formas de discriminación que impiden ás mulleres o pleno exercicio dos seus dereitos”.

“A incorporación das mulleres ao mercado laboral, a permanencia no emprego e as súas condicións de traballo aínda están lonxe de producirse en plena igualdade. Pedimos que se remate coa discriminación laboral e a fenda salarial. Pedimos as mesmas oportunidades para desenvolvernos profesionalmente. Pedimos que se recoñeza e se poña en valor o traballo doméstico e de coidados. E, por suposto, pedimos que non nos maltraten nin física nin emocionalmente, nin a través da linguaxe ofensiva”, dixo a concelleira de Igualdade.

Houbo tamén palabras de lembranza para a Bella Otero, “unha rapaza valguesa que, desgraciamente, sufriu as consecuencias da violencia. Agustina Otero naceu pobre, naceu muller e sufriu na infancia a peor vulneración de dereitos que pode sufrir unha muller: ser violada. Un feito que a marcou para sempre. Pero Agustina encarouse aos seus medos, foi unha muller valente, decidida e loitadora, que fixo o que realmente quixo, bailar e cantar, acadando o recoñecemento internacional”.

MULLERES2 MULLERES3 MULLERES4

Máis fotografías do acto: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.225802424634885.1073741968.131969484018180&type=1&l=b98e6e5d39

Volver