Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Fútbol, Brilé, Carreiras de sacos e o Cangrexo serán os xogos que se disputen o día 2 de xullo na praia fluvial

- Os equipos teñen de prazo para inscribirse ata as 13:00 horas do 1 de xullo

Olim2

Valga, 14 de xuño de 2022.

As “Olimpíadas da Aldea” regresan, despois de dous anos, á praia fluvial de Vilarello, que durante toda a xornada do día 2 de xullo se convertirá nunha pista multideporte na que se disputarán simultáneamente ata cinco xogos: Fútbol praia, Brilé, Carreiras de sacos,  o Cangrexo e unha xincana.

A Concellería de Cultura e Xuventude ten aberto dende hoxe o prazo de inscrición para participar nesta actividade, que forma parte da programación da Festa da Xuventude. Os equipos deben estar formados por un mínimo de 4 persoas e un máximo de 6, todos a partir de 15 anos de idade. Os equipos serán mixtos e contarán cun mínimo de dúas persoas de cada xénero. En todos os xogos debe haber representación de ambos xéneros.

Ademais, cada equipo deberá contar cun capitán que exercerá de representante ante a organización e cunha vestimenta que o diferencie do resto de conxuntos participantes. En caso de non tela, a organización facilitaralle petos.

En cada xogo outorgaranse as correspondentes medallas douradas e prateadas aos primeiros e segundos clasificados, ademais de gratificalos con 200 e 100 euros respectivamente. En total, repartiranse 1.500 euros en premios.

Unha vez rematadas as competicións, designarase ao campión absoluto das Olimpíadas, que será o equipo que máis medallas douradas acumule. En caso de empate, terase en conta tamén o número de medallas prateadas.

O prazo para anotarse estará aberto ata as 13:00 horas do día 1 de xullo entregando no Concello a correspondente folla de inscrición cuberta ou enviándoa por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A folla pode descargarse na páxina web municipal (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) ou recollerse en papel nas oficinas municipais.

Bases

Folla de Inscrición

 

Volver