Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A estancia, de oito días de duración, incluíu transporte en avión e aloxamento en réxime de pensión completa

- O Concello subvencionou parte da viaxe e fíxose cargo dos desprazamentos ao aeroporto

Tenerife1

Valga, 13 de xuño de 2022.

Un grupo de dezaseis veciños de Valga regresaron o pasado venres dunha viaxe á illa de Tenerife como parte do programa de turismo social do Imserso e que tivo unha duración dunha semana.

Os excursionistas aloxáronse na zona de Puerto de la Cruz, ao norte da illa, nun hotel a pé de praia. Durante a estancia en Tenerife realizaron actividades coma visitas ao xardín botánico ou ao Lago Martíanez, un complexo de ocio deseñado polo artista lanzaroteño César Manrique. Tamén participaron en saídas ao Teide e ás localidades de Punta Brava, Oratava e Garachico e, parte do grupo, tamén se desprazou ata a veciña illa de La Palma para comprobar os efectos da erupción do volcán Cumbre Vieja.

A viaxe incluíu transporte de ida e volta en avión, aloxamento en réxime de pensión completa e programa de animación sociocultural, así coma os correspondentes seguros e servizo médico. Foi subvencionado polo Ministerio de Dereitos Sociais e o Concello que, ademais, fíxose cargo dos desprazamentos dos viaxeiros ao aeroporto e regreso.

Tenerife2 Tenerife3

Volver